Ribeira inaugúrase mañá como Cidade Acolledora

    Amnistía Internacional levará a cabo varios actos en distintas cidades do país que buscan o compromiso real das autoridades municipais coa acollida das persoas refuxiadas. Unha destas cidades “acolledoras” é Ribeira. Centos de anos despois do seu nacemento, este sábado varias cidades españolas serán inauguradas de novo…Será grazas á iniciativa de Amnistía Internacional “Inauguramos Cidade”, pero non unha calquera, senón unha Cidade Acolledora. Por este motivo Amnistía Internacional quere que os concellos fagan pública unha cifra verdadeira do número de persoas que teñen a posibilidade de ser acollidas. O obxectivo é que as autoridades municipais presionen ó goberno central para que asuma dunha vez a súa responsabilidade coa acollida das persoas que foxen da guerra e a persecución. Unha das sete cidades que será inaugurada en Galicia, será Ribeira, e por iso, estamos todos convidados á celebración malá sábado. Pero ademaís haberá música. O rapeiro Xeva presentará a canción que compuxo inspirado nunha nadadora siria que fuxiu do seu país e grazas á súa capacidade, puido salvar a moitos compatriotas durante a travesía por mar. E ademáis, Dr. Migraña, Cris Román, a poetisa Irene Fernández e o coro infantil de Xuño. Todo por un obxectivo, e que non se quede só no concello de Ribeira. Os que queira apoioar este compromiso, saiban que a inauguración de Ribeira como cidade acolledora é mañá sábado, ás doce da mañá, na praza do concello.