En Marea aposta por un uso sanitario do Hospital Provincial

Pontevedra> En Marea reivindica o carácter público e sanitario do Hospital Provincial en Pontevedra. Dende este Partido non están conformes coas medidas que queren levar a cabo para este centro dende a Xunta de Galicia. En Marea aposta polo uso sanitario deste Hospital e non cre que unha residencia de maiores sexa o mellor futuro para este espazo no centro da cidade. O grupo En Marea de Pontevedra a voceira do Partido en temas sanitarios no Parlamento estiveron hoxe visitando as instalacións do Hospital Provincial. Dende este grupo defenderon o carácter público deste espazo e manter o uso sanitario do Hospital centrado na atención primaria e especializada. En Marea cree que sería un erro facer de este espazo unha residencia para maiores. Dende En Marea instan á Xunta de Galicia a que se manteña este uso sanitario esencial para o centro dunha cidade como Pontevedra. Mentres non se acometa a ampliación do Hospital de Montecelo, En Marea quere que a Xunta de Galicia solucione algunhas das deficiencias máis importantes que sofre o Hospital Provincial como a falla de climatización. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/marea_provincial_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/marea_provincial.mp4{/flowplayer}