A Deputación aborda os desafíos e oportunidades da ciberseguridade e a intelixencia artificial para as PEMES

PONTEVEDRA> A ciberseguridade e a intelixencia artificial para as pemes centraron hoxe o encontro de traballo que acolleu a Deputación de Pontevedra. A xornada, dirixida a profesionais, autónomos e responsables da pequena e mediana empresa, serviu para poñer o foco nos desafíos e oportunidades que rodean estas novas tecnoloxías.

‘Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos’ é o título da xornada que hoxe acolleu a Deputación de Pontevedra. A administración provincial contou coa colaboración de Amtega, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, co obxectivo de poñer o foco nos desafíos e oportunidades que rodean a intelixencia artificial e a ciberseguridade.

O programa concentrou tres conferencias nas que se abordou como atacan os piratas informáticos, a ciberseguridade para pemes e autónomos e a lexislación en intelixencia artificial no sector das pequenas e medianas empresas.

Durante o acto de apertura, López celebrou a boa acollida da xornada e reafirmou o compromiso da Deputación de Pontevedra co sector público e privado.

A dixitalización do padrón municipal, a apertura da Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos ou asesoramento aos emprendedores a través de Smart Peme forman parte dos 6,5 millóns de euros que destina este ano a Deputación á dixitalizar e modernizar a provincia.