Lores trae os compromisos pechados trala reunión con Feijóo

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra saíu satisfeito da reunión que esta mañá mantivo en Santiago co presidente da Xunta de Galicia. Lores asegurou que Feijóo confirmoulle os compromisos coa cidade e agradeceu o cambio de actitude que nos últimos meses tivo e está tendo a Xunta coa cidade do Lérez. Un cambio, que segundo o rexedor, se vai a concretar en cuestións moi positivas para a cidadanía. 

 

Tras unha hora e media de conversa o alcalde de Pontevedra saíu satisfeito da reunión que esta mañá mantivo co presidente da Xunta de Galicia. Lores asegurou que Feijóo confirmoulle todos os compromisos que ten coa cidade do Lérez. Entre os que se atopa a ampliación de Montecelo. O presidente díxolle ao rexedor que as obras darán comezo a principios do 2019. 

Un encontro no que falaron da variante de Alba e tamén do pavillón de ximnasia da Parda. O presidente confirmoulle que a Xunta financiará o 50 por cento desta obra polo seu uso de tecnificación deportiva. 

O presidente dixo que estudarán os traballos na ponte de A Barca e tamén o tema da compostaxe. En resumen foi un encontro satisfactorio con compromisos en firme para a cidade. 

Lores valorou positivamente o cambio de actitude da Xunta de Galicia que tivo dende hai uns meses ata a actualidade. Un cambio de actitude, que segundo o rexedor, se vai a concretar en cuestións positivas para todos, especialmente para os veciños de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/alcalde_feijoo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/alcalde_feijoo.mp4{/flowplayer}