O xefe policial de Noia denuncia a situación irregular de dous axentes

    NOIA> O Inspector Xefe da Policía Local de Noia denuncia irregularidades na contratación de dous membros deste corpo. Asegura que desde hai anos exercen unha profesión, a de policía local, sen ter superado as probas do concurso oposición. Manuel González denuncia tamén que o concelleiro de Seguridade asuma competencias que lle corresponderían ó seu cargo. Segundo nos contan o inspector xefe da policía local de Noia, esta é unha polémica que vén de lonxe, e que leva anos denunciando, pero agora, pola pasividade que asegura demostrar o goberno actual de Noia, é o momento de facer pública. No ano 2010, e tal e como contempla a Disposición Adicional Segunda da Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, celebrouse un concurso oposición para o que se presentaron tres persoas. Manuel González asegura que nese momento, o concello, en lugar de cesar ás dúas persoas que non pasaron a proba, continúan a día de hoxe vestindo o uniforme de policía loca, exercendo as funcións propias deste corpor e mesmo no útimo pleno foron catalogados de Funcionarios de Carreira. Antes a falta de acción nestes anos por parte das autoridades locais, e demais organismos competentes, o inspector xefe puxo o pasado novembro a situación en coñecemento da Fiscalía, que xa ten abertas dilixencias de Investigación Penal. Manuel González critica tamén que viu reducidas as súas competencias, por parte de membros do goberno da corporación. E afirma que impugnará e denunciará ante o contencioso administrativo o pleno celebrado no concello esta mesma semana, debido ó anexo de persoal que acompaña ó proxecto económico deste ano e que segundo o inspector xefe, incurre nas citadas irregularidades .