CCOO aposta polo incremento das prestacións sociais para afrontar a crise

    ccoodesbloqueonegociacions_100_111209.jpgRIBEIRA> CCOO celebrou unha asemblea xeral de delegados da comarca do Barbanza para expoñer os motivos do fracaso da concertación social.

    {flowplayer}barbanza/ccoodesbloqueonegociacions.flv{/flowplayer}

     A reunión celebrada na sede de Ribeira enmárcase na rolda de xuntanzas que está a desenvolver a executiva de CCOO a nivel galego. O obxectivo é trasladar ós traballadores os plantexamentos do sindicato para saír da crise a través da modifiación do modelo produtivo e o reforzamento das prestacións sociais.

    O principal obxectivo é que non sexan os traballadores os que paguen as consecuencias da actual situación económica, tal e como está a acontecer na actualidade cunha taxa de destrución de emprego da máis elevados de toda Europa.

    Para elo, propoñen medidas alternativas como que se garantice un nivel mínimo de protección social para os desempregados que esgotaron a prestación, que a inxección económicas ás empresas repercuta nos traballadores ou a rexeneración do tecido produtivo e reactivación económica mediante un cambo de modelo.

    Mobilización

    Para reivindicar estas medidas, CCOO convocou unha mobilización conxuntamente con UXT para o próximo 12 de decembro en Madrid. Trátase de utilizar a súa capacidade de presión para desbloquear as negociacións e avanzar no diálogo social, pero poñendo condicións á patronal e o goberno.

    Neste sentido, non aceptarán a reforma laboral plantexada que, din, pretende desregularizar o mercado de traballo e abaratar o despido, co que seguiría aumentando a temporalidade e a precariedade laboral.

    Redacción Barbanza