O 80% do ensino secundou a folga xeral deste 9 de marzo

Pontevedra> Neste 9 de marzo o ensino está chamado á folga xeral en contra da Lomce e do decreto de 3+2. Unha folga que segundo a plataforma en defensa do ensino público secundaron preto do 80 por cento dos centros na provincia. En Pontevedra a mobilización partía pasadas as once e media da mañá da Praza da Peregrina. O ensino está chamado a folga xeral nesta xornada do 9 de marzo. O obxectivo loitar contra a Lomce, as reválidas e o decreto 3+2 na universidade. Unha xornada de parón que seguiron en numerosos centros. Dende a Plataforma galega en defensa do ensino público falaban de que foi secundada polo 80 por cento dos centros da provincia. Unha folga secundada por alumnos. Secundada tamén por pais e nais E como non secundada polo profesorado quen tamén se opón a esta normativa aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy. Dende a plataforma polo ensino din que non esperan gran cousa do gran pacto de estado que en materia de educación queren levar a cabo dende Madrid, por iso teñen claro que eles seguirán mobilizándose conta estas medidas. De momento non teñen pechado o calendario de mobilización pero dende esta plataforma, o estudantado e o profesorado saben que seguirán na loita contra a Lomce, as revalidas e o decreto 3+2. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/lomce_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/lomce.mp4{/flowplayer}