Varias concellos do Barbanza aprazan a apertura dos parques infantís

BARBANZA> Tamén na comarca do Barbanza, houbo concellos que decidiron pospoñer a apertura dos parques. As dificultades para establecer e controlar o aforo e garantir as medidas de seguridade fixeron que municipios como Boiro, Pobra ou Ribeira optaran por non reabrir aínda as instalacións infantís.

Mentres a vida volvía ós parques infantís de concellos como Porto do Son, Lousame ou Rianxo, os cativos doutros municipios como Boiro, A Pobra ou Ribeira terán aínda que agardar. Dado que o decreto sobre a nova normalidade publicouse o sábado, os goberno locais non tiveron apenas tempo para realizar a posta a punto dos parques así como para garantir o cumprimento das medidas de prevención e o control de aforo.

Nos concellos máis pequenos os parques permanecen abertos xa dende hoxe. Nesta primeira xornada a afluencia dos cativos non foi moi destacada aínda que os que o fixeron respectaron en todo momento as medidas de seguridade e desinfección. Precisamente a responsabilidade individual é clave na volta á nova normalidade posto que, tal e como apunta o alcalde da Pobra, é inviable manter vixilancia e desinfección diaria en tódolos parques e instalacións de ocio infantil.

O alcalde da Pobra agarda que ó longo desta semana poidan reabrir progresivamente tódolos parques. En Boiro aínda non hai data á espera de ver como evoluciona a situación epidemiolóxica mentres que Ribeira abrirán o próximo luns día 22, á espera de perfilar o programa de desinfección e establece o aforo permitido en cada un. Pola súa banda, Noia procedeu durante toda a mañá a realizar labores de roza e limpeza polo que algúns parques xa estiveron operativos esta mesma tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí