Ribeira acollía esta mañá unha xornada de eficiencia enerxética

    RIBEIRA> A xornada foi clausurada polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces. Uns trinta técnicos municipais e profesionais do sector de toda Galicia déronse cita esta mañá en Ribeira para participar nunha Xornada de Eficiencia Enerxética, organizada polo Concello en colaboración coas empresas Ferrovial Servicios, Philips Lighting e IDOM. A xornada, enmarcada na Rede de Cidades de Ciencia e Innovación Innpulso, tiña coma finalidade exponer o proxecto tecnolóxico de luminarias LED recentemente instalado en Ribeira da man de Ferrovial Servicios, empresa que resultou adxudicataria do contrato de desenvolvento e implementación do novo suministro enerxético integral da iluminación pública do municipio. A xornada foi clausurada polo director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, quen puxo a Ribeira coma exemplo polo bo traballo que está a facer neste eido.