RIANXO> Entre hoxe e mañá sábado 24 establecementos hostaleiros ofrecerán ós seus clientes todo tipo de tapas elaboradas a base de mexillón. Un total de 24 locais hostaleiros de Rianxo súmanse a iniciativa ‘Escuncha o Mexillón’ promovida pola Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo, ASPROMERI, e a propia Asociación Rianxeira de Empresarios. Con ela búscase dinamizar durante a fin de semana a hostalería local ó tempo que servirá de promoción a un dos nosos produtos estrela, como é o mexillón. A cita gastronómica, que arranca esta mesma tarde e se prolongará ata a xornada de mañá sábado, permitirá coñecer tamén cales son as tres mellores tapas. Serán os propios clientes os encargados de decidir cos seus votos a mellor elaboración. Ademais dos locais do casco urbano, súmanse á iniciativa tamén varios establecementos de fóra do casco urbano. O concurso de tapas, co que colabora tamén o Concello, vén para quedarse, e dende a organización agardan que se convirta nunha das citas ineludibles no calendario festivo da vila.
Inicio Barbanza - Muros - Noia