Arranca unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Pontevedra> Esta tarde quedou inaugurada a decimo oitava edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Baixo o lema o mundo que queremos, máis de 14 mil nenos poderán desfrutar desta cita. Unha feira, que ata o 2 de abril, achega ao Pazo da Cultura e ao Recinto Feiral máis de 300 actividades centradas na literatura. Orbil xa está listo para presidir unha nova edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil que baixo o lema o mundo que queremos, foi inaugurada esta tarde. Dende hoxe e ata o 2 de abril as familias terán por diante máis de 300 actividades, 7 espectáculos e moita literatura. Unha oportunidade única de gozar da literatura nas súas diferentes vertentes, a través dos contacontos, con obradoiros, espectáculos de teatro… Diferentes formatos que conseguen que os máis pequenos se enganchen a historia que lles están a contar. Xa o saben ata o 2 de abril o Pazo da Cultura e o Recinto Feiral de Pontevedra acollen esta décimo oitava edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil. Poden obter toda a información na web www.salondolibro.org. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/inauguracion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/inauguracion.mp4{/flowplayer}