O alcalde de Noia pide desculpas pero asegura que non ten pensado dimitir

    NOIA> Trala comparecencia conxunta da oposición de Noia, un equipo desta casa puido falar co alcalde de Noia para coñecer de primeira man a súa valoración da polémica que desataron as súas palabras. Admite que os chistes pudieron ser desafortunados, pero asegura que dimitir non entra nos seus plans. Santiago Freire asegura esta arrepentido das súas palabras, que admite puidron ser desafortunadas, e tal e como explicou xa no seu comunicado de onte, pide desculpas a quen se puido sentir ofendida. Aínda así, o alcalde noiés afirmounos esta mañá que o seu discurso está sacándose de contexto. Respecto da comparecencia da oposición, na que esixe a súa dimisión inmediata, asegúranos que non ten pensado facelo, e que o resto de partidos pretenden sacar rédito político desta situación. Freire asegura que conta co apoio non só de membros da corporación, senón de compañeiros doutros partidos políticos. O alcalde asegura que isto sírvelle para aprender de cara ó futuro, e que a sociedade noiesa coñece a súa trayectoria e é sabedora, segundo nos conta do seu respecto e da súa admiración pola muller.