Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores

Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas. Dende o concello volveron unha vez máis a incidir na cordialidade e bo ambiente que se vive nas reunión que dende a administración local están mantendo con distintas entidades da cidade co fin de redactar o borrador da nova ordenanza de veladores na cidade. Onte tocoulle a quenda a asociación Pedaladas e as Federacións de veciños Castelao, Teucro e Boa Vila. O punto máis conflitivo é a ampliación do horario. Con estes encontros dase por finalizada a primeira rolda de contactos, agora poránse a traballar no borrador e unha vez redactado ese borrador será entregado a todas as asociacións para comezar unha segunda rolda de reunións. Dende o concello teñen claro por onde irá encamiñado dito borrador pero non dirán nada ata presentarllo a estas entidades. Nesta xornada, dende Comisión Obreiras solicitaron ao concello que tamén inclúa na súa rolda de encontros aos sindicatos co fin de regular os contratos dos traballadores na hostalería de haber unha ampliación do horarios nas terrazas. Dende os sindicatos cren que se debe de evitar a precarización laboral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/veladores_3_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/veladores_3.mp4{/flowplayer}