O PP dá por extinguido o contrato dos terreos da Canicouva e denuncia que se siga pagando o aluguer

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra volve sementar dúbidas sobre a xestión do goberno local. Denuncian que o concello pagou 20.000 euros á comunidade de Montes da Canicouva polo alugueiro da parcela para a planta de compostaxe. Un pago que, afirman, é ilegal porque interpretan que o contrato se extinguiu no 2019, tras pasar catro anos sen ningunha actuación na zona. Pola súa banda, dende o executivo defenden que o pago se fai con todos os informes a favor e aseguran que o contrato non se extinguiu porque non houbo petición expresa por ningunha das partes.

O Partido Popular volve cuestionar a xestión do goberno local de Pontevedra. Deste volta, os populares denuncian que o concello mantén o pagamento de 20.000 euros ao ano á Comunidade de Montes da Canicouva, polo alugueiro da parcela na que se ía instalar a planta de compostaxe da cidade.

Co foco neste punto do contrato non entenden que o propio alcalde asinara en febrero deste ano unha resolución para o pago de 20.000 euros á comunidade de montes.

A pesares destas acusacións, dende o PP aseguran que van agardar ao pleno do mes de maio antes de decidir se levar esta e as outras presuntas irregularidades que levan semanas denunciando ante a xustiza. Insisten en solicitar a comisión de investigación.

Pola súa banda, dende o goberno local defenden que o pago realizado á comunidade de montes conta cos informes a favor dos funcionarios encargados de fiscalizar os gastos do concello. A concelleira de Patrimonio asegurou, ademais, que o contrato segue en vigor, xa que só se extiguiría de existir unha solicitude expresa por algunha das dúas partes. Carme da Silva criticou aos populares, aos que acusa de dar información falsa aos medios e dubidar dos funcionarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí