A escola de xadrez de Pontevedra xa está no campo de refuxiados de Azraq

Pontevedra>A escola de xadrez de Pontevedra comezou hoxe a súa viaxe ao campo de refuxiados de Xordania. Unha iniciativa onde tamén se involucraron 7 centros escolares da provincia. Na pasada noite o Casino Mercantil foi o lugar elixido para amosar todo o material que dende esta escola xa están levando rumbo a Azraq. Dende hoxe e ata o 17 de abril a Escola de Xadrez de Pontevedra está no campo de refuxiados de Azraq en Xordanaia. Na pasada tarde puidemos coñecer todo o material que se levan nesta nova aventura. O obxectivo desta viaxe abrir a segunda escola de xadrez neste campo. Abrir a segunda escola é un dos obxectivos, o outro e quizais máis importante, concienciar á cidadanía do que se está a vivir neses campos de refuxiados, como persoas de a pe, se ven nesa situación debido a unha guerra. Sete centros da provincia de Pontevedra colaboraron con esta iniciativa de cores, lapis e goma=a un sorriso. Agora agardamos que sexan moitos os sorrisos que se espertan nestes días no campo de refuxiados de Azraq grazas ao traballo e solidariedade da Escola de xadrez de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/xadrez_paz_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/xadrez_paz.mp4{/flowplayer}