Pontevedra> A Denominación de Orixe Rías Baixas estima unha recollida de case 37,6 millóns de kilos de uva en vendima. Un resultado que traería consigo un 12 por cento máis que na colleita do 2016. Uns resultados que chegan grazas a boa brotación e nacemento do racimo e a climatoloxía deste ano. O informe de Estimación da Colleita para o 2017 realizado polo servizo técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas revela que este ano se estima unha recollida de 37.6 millóns de quilos de uvas, un 12 por cento máis que en 2016. Un datos máis que positivos que chegan grazas á boa brotación e nacemernto do racimo e a climatoloxía deste 2017. En función da meteoroloxía deste mes de agosto, e como consecuencia do adianto do ciclo vexetativo da vide, dende o Consello Regulador están ultimando todos os preparativos ante a posibilidade de que a vendima se teña que iniciar antes, entre finais deste mes e comezos de setembro. Un aumento na colleita que permitirá, entre outras cousas, afianzar o mercado. O ciclo vitícola 2017 en Rñias Baixas foi considerado como excelebte polo servizo técnico por estar ausente de plagas e enfermidades. Este informe de estimanción da colleita 2017 ao que facemos referencia conta con, fundamentalmente, información propiciada polos técnicos de campo das adegas. Pondérase en función da superficie supervisada por cada técnico para contar, deste modo, con criterios unificados.
Inicio PONTEVEDRA