O 67,5% do estudantado da ESO navega por internet sen límites

Pontevedra>Pontevedra ven de facer públicos os resultados do uso das novas tecnoloxías en estudantes da ESO. Un estudo realizado a través da concellería de Benestar Social que revela que o 67,5 por cento do estudantado navega por internet sen límites, e que o 24,9 por cento entraron en páxinas con contido erótico. Dende a Concellería de Benestar Social do concello de Pontevedra veñen de dar a coñecer os datos sobre o uso das novas teconoloxía en estudantes da ESO nos centros de Pontevedra. Un estudo realizado a 2937 estudantes de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. Este informe revela que o 85 por cento teñen conexión a Internet, que o 14,2 está conectado todo o día e que o 67.5 por cento navega por internet sen límites. Hai unha lei que non permite ter acceso ás redes sociais aos menores de 14 anos. Unha situación que se incumpre sistemáticamente segundo releva este estudo. Tendo en conta estes datos dende o concello van a poñer en marcha un curso para o profesorado sobre as condutas aditivas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/redes_sociais_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/redes_sociais.mp4{/flowplayer}