Tres detidos e 1000 doses de heroína incautadas no Vao

POIO> Tres detidos nunha nova operación contra o tráfico de drogas no poboado do Vao en Poio. A Garda Civil incautouse de cerca de 1000 doses de heroína e máis de 100 de cocaína dispostas para a súa venda.

 

A Garda Civil detiña onte a tres persoas no marco dun operativo levado a cabo no Vao de Arriba, no municipio de Poio, co fin de erradicar a venda e distribución de sustancias estupefacientes. Coas investigacións, que se intensificaron a raíz das últimas detencións neste mesmo lugar o mes pasado, a Garda Civil puido identificar aos principais responsables da distribución da droga e o lugar no que se levaba a cabo. O amplo operativo que se puña en marcha na mañá de onte culminaba co rexistro dunha vivenda e un galpón e a detención de tres persoas do poboado. Nos rexistros incautáronse dun total de 957 doses de heroína, 124 de cocaína, unha báscula de precisión e útiles para o corte destas sustancias; ademais de varios efectos cuxa procedencia non puido ser acreditada como televisores, teléfonos móbiles, unha tablet, un gps, reloxos, órganos musicais e diñeiro en efectivo.  Os detidos, a droga e os efectos intervidos foron postos no día de hoxe a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/detidos_vao_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/detidos_vao.mp4{/flowplayer}