Unha reflexión sobre a derradeira lección dos mestres

xoancarlosgarrido_100_290107jpg.jpgPONTEVEDRA > O director Xoan Carlos Garrido aborda nun documental a represión vivida polo profesorado galego …

… desde a guerra civil ata finais da década dos 70. Esta é a base de ‘A derradeira lección do mestre’.

xoancarlosgarrido_200_290107.jpgSaca o título dun gravado de Castelao, e ó igual que este, o documental ‘A derradeira lección do mestre’ aborda en 50 minutos o tema da represión que desde o 36 se exerceu en Galicia contra o corpo do Maxisterio, rematando en 1979, ano do expediente aberto a ensinantes represaliados por dar as clases en galego. O propio director, o estradense Xoan Carlos Garrido, asegura que con este traballo se busca ademais recuperar un patrimonio, que xunto coa persoa, foi fusilado e soterrado nunha tumba sen nome.

O acto súmase á programación organizada pola Concellería de Cultura de Pontevedra para a recuperación da memoria histórica. Na presentación deste traballo estiveron a edil de Cultura María Xesús López Escudeiro e o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará. Ambos lembraron a forte represión vivida polo profesorado galego a raíz da guerra civil, unha crúa realidade a desa época que está a ser recuperada en varios traballos de investigación que contan co amparo da administración galega.

Redacción Salnés