O BNG aposta pola recuperación da toponimia co gallo das Letras Galegas

    POBRA> Tal e como vén facendo en anos anteriores, o BNG da Pobra organizará un roteiro para conmemorar o día das Letras Galegas. Será o domingo 21 e percorrerá a zona de Caíños e Cercias ata Pedriñas e Outeiro, onde se instalarán placas para recuperar a toponimia dos distintos núcleos. Este sábado ás oito da tarde o BNG celebrará unha asamblea veciñal no restaurante O Campiño para recoller as súas propostas e suxerencias á hora de reivindicar a toponimia esquecida. Coas achegas veciñais elaboraranse unha serie de carteis a colocar nos distintos núcleos de poboación co fin de recuperar a súa denominación tradicional nun roteiro que partirá da zona de Caíños o domingo 21 ás doce da mañá. Ademais da colocación dos indicadores, os participantes no roteiro darán lectura a fragmentos da obras de Carlos Casares.Á marxe das actividades propias a desenvolver no municipio, o BNG da Pobra sumarase á manifestación convocada por Queremos Galegos o día 17 en Compostela. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/roteiro_bng_letrasgalegas_1205171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/roteiro_bng_letrasgalegas_120517.mp4{/flowplayer}