Deteñen a dúas mulleres romanesas tras unha espectacular persecución policial

    POBRA> Espectacular persecución a protagonizada este venres pola policía local de Ribeira. Unha patrulla seguiu ós autores dun roubo nunha vivenda en Aguiño ata a entrada da Pobra onde o vehículo dos presuntos delincuentes chocou contra outro coche. O condutor logrou fuxir a pé. As outras dúas ocupantes foron detidas. Pasadas as dez da mañá rexistrábase un accidente no termo municipal da Pobra, na estrada provincial á altura do cruce cara Santa Cruz. Sen embargo, o que semellaba ser un choque entre dous vehículos resultou froito dunha espectacular persecución. A Policía Local de Ribeira seguía un turismo que circulaba a toda velocidade dende Aguiño, onde presuntamente os seus ocupantes acababan de cometer un roubo. Ía tan rápido que non puido dar a curva no punto indicado e bateu contra outro vehículo e posteriormente contra un muro. No medio da confusión causada polo accidente o condutor do vehículo logrou fuxir a pé. Non así as dúas mulleres que o acompañaban que acabaron sendo detidas, unha grazas á colaboración do condutor do outro vehículo implicado no accidente. As detidas, de nacionalidade romanesa, están presuntamente relacionadas con varios roubos cometidos nas últimas semanas na zona.