O concello de Noia solicitará á Xunta que asuma a xestión da depuradora

NOIA> Nas próximas semanas darán comezo as obras da depuradora de Abruñeiras, en Noia, cun investimento de máis de dous millóns e medio de euros. A intención do concello é que, unha vez rematado o proxecto, Augas de Galicia asuma a xestión da infraestrutura.

A empresa Tragsa ultima as xestións para iniciar as melloras na estación depuradora de Barro, en Noia. O proxecto, cun investimento de 2’3 millóns de euros suporán a modernización das instalacións corrixindo as deficiencias dos equipos e aumentando a capacidade, para evitar que sigan a rexistrarse vertidos. En paralelo a esta actuación, o concello xa iniciou as xestións ante Augas de Galicia para que a Xunta asuma a xestión da depuradora unha vez rematadas as obras.

De ser así, o concello tería que transferir os fondos do canon da auga á administración autonómica pero contaría cunha xestión máis técnica a cargo de profesionais especializados en infraestruturas hidráulicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí