A historia da Torre de Bermúdez centrará os actos do 30 aniversario do Museo Valle-Inclán

    POBRA> Este mes cúmprense trinta anos dende que o Museo Valle-Inclán da Pobra. Para celebralo, inaugurarase unha exposición coas láminas realizadas por Héitor Picallo sobre os gravados da Torre de Bermúdez. As obras están recollidas tamén nun ensaio sobre a historia deste emblemático elemento patrimonial. O 18 de maio ás oito da tarde terá lugar a inauguración oficial da exposición para conmemorar o trinta aniversario do Museo Valle-Inclán da Pobra. Trátase dunha serie de cincuenta láminas en papel algodón que reproducen, a través da técnica augada de tinta, os detalles arquitectónicos da Torre de Bermúdez que acolle o museo. Permanecerá aberta ó público ata o trinta de setembro. As ilustracións inclúense nun libro editado especialmente para conmemorar esta efeméride. O director do museo fai un repaso polos cincocentos anos de historia deste inmoble que constitúe un dos últimos expoñentes da arquitectura civil renacentista en Galicia. Os asistentes ós distintos actos conmemorativos do trinta aniversario recibirán un exemplar da publicación, da que só se editaron cincocentos.