Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua

Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego. 20 centros de ensino da provincia formaron parte dunha nova edición do Correlingua. Unha carreira organizada pola Mesa de Normalización lingüística que ten como fin a defensa do noso idioma. Neste evento, que este ano tivo como lema “en galego, sen cancelas”, participaron máis de 1300 nenos. Unha xornada festiva onde a a mensaxe estaba clara … Os máis pequeniños tamén defenderon nesta xornada o noso idioma…. E con música, baile e moita festa os pequenos estaban encantados nesta nova edición do Correlingua. Unha mañá diferente onde os máis pequenos tiveron o protagonismo a hora de levar á reflexión a toda a sociedade sobre a situación da lingua galega e a importancia de activar este tipo de accións en defensa dela.