O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional

Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte. 18 de maio, día Internacional dos Museos, e para esta data especial, como non podía ser doutros xeito, dende a Deputación e o Gabinete didáctico do Museo de Pontevedra organizaron unha visita moi especial. Unha idea que nacei do Gabinete didáctico deste museo de Pontevedra pero que foi realizada polos propios técnicos de restauración deste espazo. Do que se trata é de valorar o bo facer do persoal que traballa no museo e tamén dar a coñecer todas as obras que están tras a cámara. Dende a Deputación continuarán potenciando visitas especiais e diferentes co fin de achegar o Museo a toda a cidadanía. A vindeira serán as vistas cruzadas de María Ledo e Quico Novoa este domingo 21 de maio a partir das 12 da mañá.