O presunto fraticida de Guillán argumenta lexítima defensa

PONTEVEDRA> Esta mañá comezou na Audiencia de Pontevedra o xuízo polo crime de Guillán, o fraticidio que tivo lugar nesta parroquia vilagarciá en Setembro do 2012. Na primeira vista, o acusado, Alfonso Gómez recoñeceu ter matado a seu irmán pero de xeito fortuíto, tras disparar a escopeta cara ó chan. Asegurou telo feito en defensa propia, preso do pánico que lle tiña tralas reiteradas ameazas do seu irmán Alfonso.

O xuízo polo fraticidio de Guillán comezou hoxe na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Nesta primeira sesión, Santiago Gómez Lorenzo, acusado de matar a seu irmán en setembro do 2012, tivo a oportunidade de relatar a súa versión dos feitos tralas preguntas do fiscal, e os avogados da acusación e da defensa. O acusado defende que actuou en defensa propia e sen aleivosía, cegado polo pánico que lle tiña a seu irmán Alfonso. Os feitos que agora se xulgan aconteceron preto das nove e media da noite, cando Santiago estaba a cortar a herba do seu xardín. Daquela asegura que seu irmán foi a provocalo; e tras ir a buscar á nai para que vira como lle ameazaba Alfonso cando estaba bébedo; a discusión subiu de nivel. Segundo o acusado, seu irmán intentou agredirlle cunha navalla e el defendeuse aplicándolle spray de defensa a seu irmán nos ollos. Ámbolos dous volveron ós seus fogares lindeiros; Alfonso a limparse os ollos e Santiago na procura dunha escopeta ca que adoita cazar. Cando estaba no xardín de novo limpando as herbas ca arma ó lado descargada, oíu berros de súa cuñada que intentaba aplacar a furia de seu irmán que volvía a achegarse ata alí. Foi entón, sempre segundo a súa confesión, cando cargou a escopeta e disparou un tiro dirixido ó chan. O impacto do cartucho a esta escasa distancia chegou á arteria femoral, o que causaría a morte de Alfonso intres máis tarde, tras sufrir un shock hipobulémico tras desangrarse.Tralo suceso o fraticida chamou á policía pedindo axuda e colaborou con eles ata a súa detención. As liortas entre estes dous irmáns viñan de lonxe; remóntanse segundo Santiago a unha ocasión na que a deshora intentará mediar entre a súa sobriña e seu irmán; nun episodio doméstico violento protagonizado por Alfonso. E é que, segundo din, cando bebía poñíase moi agresivo e era o momento no que ameazaba de morte a seu irmán en reiteradas ocasións. Uns feitos que xa denunciara Santiago con anterioridade pero á falla de testemuñas deixounos en nada. A pesares de todo, asegurou que lle seguía tendo cariño; no que foi o momento máis emotivo para a familia da súa declaración. Mañá continúa a vista ca declaración de Rosario, a viúva de Alfonso, que deberá aclarar se foi ela ou non a que agochou a navalla ca que di Santiago que o estaba a ameazar o seu home. O fiscal considera o caso como un homicidio porque entende que Santiago tivo a oportunidade de parar o devir da discusión. Por iso pide para el unha condena de 10 anos; co atenuante da confesión. A acusación pide 20 anos, por entender que estamos a falar dun asasinato co agravante de parentesco; ou alternativamente, 15 anos por homicidio doloso coas agravantes de parentesco e abuso de superioridade. A defensa pide a súa libre absolución por unha falta de imprudencia leve na que conflúan as eximentes de lexítima defensa, medo insuperable e obrar impulsado por un estado de necesidade ou, alternativamente, os atenuantes de confesión e arrebato.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/07/crime.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/07/xuizo_crime_guillan_070714.mp4{/flowplayer}