Diminúen os usuarios pero aumentan os gastos de Cáritas no 2016

    VILAGARCÍA> Cáritas Interparroquial de Arousa presentou hoxe a Memoria 2016 da súa actividade. Un ano no que a organización arousá observou que houbo un descenso dos seus usuarios, aínda que o gasto continuou a ser o mesmo que o de anos anteriores. A Memoria 2016 de Cáritas Interparroquial de Arousa, foi presentada esta mañá no comedor social que a entidade ten en Vilagarcía. Os datos falan é Cáritas de Arousa axudou durante todo o 2016 entre todos os seus programas de axuda a máis de 900 persoas, cun presuposto que superou os 380.000 euros. Unha axuda necesaria, pero como afirmaba Don Manuel Castro Agudín en rolda de prensa, non a única que queren ofrecer dende esta entidade. Continuando coas cifras dende Cáritas realizáronse durante todo o ano unhas 22.500 intervencións en axudas de alimentación. A atención primaria e os servizos básicos, son piares de esta organización, que tal e como recoñeceu o seu presidente neste exercicio do 2016 investiu todos os cartos que recibiu sen deixar a deber. Na rolda de prensa de hoxe ademais incidiuse nas diferentes liñas de colaboración que ofrecen dende Cáritas para facer posible que continúen coa súa labor. Ao longo deste 2016 ampliáronse os programas de axuda e multiplicáronse as iniciativas voluntarias que propiciaron para facer de Cáritas unha referencia en Arousa da solidariedade e a loita contra a inxustiza social.