Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira

    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico. Un home, de nacionalidade polaca, tentou acceder ó interior das instalacións tras romper unha porta de cristal cunha pedra de gran tamaño. Os feitos aconteceron na madrugada do domingo. Tras recibir a chamada dun veciño que presenciou o acontecido, axentes da Policía Nacional desprazáronse ata o lugar e detiveron ó home que tentaba fuxir. Ó parecer trátase dun mariñeiro de vinte e catro anos que pertence á tripulación dun atuneiro de bandeira rusa que permanece atracado no porto ribeirense.