BOIRO> O concello de Boiro prevé aprobar o Plan Parcial de Barraña ó longo deste ano. O executivo está a axilizar a tramitación para poder dar luz verde ó proxecto que permitirá a construción de máis de 900 vivendas en pleno núcleo urbano.
O goberno de Boiro aposta polo crecemento demográfico a través da creación de vivenda. Dende o concello están a axilizar a tramitación do Plan Parcial de Barraña, unha bolsa de terreos de máis de 140 mil metros cadrados, nun espazo privilexiado entre o núcleo urbano e a costa.
O proxecto de urbanización que o executivo prevé aprobar este mesmo ano contempla a creación de 902 vivendas, 188 delas de protección oficial así como numerosas prazas de estacionamento e unha ampla dotación de equipamentos públicos.
O Plan Parcial de Barraña levaba paralizado dende o ano 2013. Na actualidade, o concello está a realizar as liquidacións ós propietarios para proceder á aprobación do proxecto de urbanización.











