Arousa Norte impulsa a ‘Senda Litoral’ que discorre polos catro concellos

388

BARBANZA> Trátase da súa nova proposta turística que busca atraer visitantes á comarca. Un percorrido  total duns cen quilómetros, a Senda Litoral Arousa Norte pretende converterse nunha nova proposta turística da zona. A través dela o que se persegue é unha dobre función, por unha banda, unir aínda máis ós catro concellos que conforman Arousa Norte, e por outra, atraer visitantes á comarca. Para facelo que mellor maneira que aproveitarse dos enclaves costeiros, das súas praias e tamén da súa situación privilexiada a carón do mar. Aproveitouse ademais a ocasión para presentar tamén un concurso fotográfico que estará ligado con esta proposta. Nel poden participar todas aquelas persoas que queiran amosar a súa particular visión da Senda Litoral con fotografías da propia ruta. O concurso botará a andar o próximo 19 de marzo e rematará o 1 de abril. Durante este período todas as persoas que o desexen poderán votar polas súas fotos preferidas. A fotografía  gañadora e o nome do gañador farase público o día 9 de abril.