O executivo boirense dotará dunha nova glorieta ó cruce da Avenida da Constituación con Barraña

BOIRO> A actuación, financiada con cargo ó plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, virá a mellorar a mobilidade no centro urbano.

O alcalde, Xosé Ramón Romero, e o edil Obras, Luís Ruiz, visitaban esta mañá a intersección da Avenida da Constitución coa Avenida de Barraña, que leva a Cabo de Cruz.

Neste emprazamento prevese a construción dunha rotonda para mellorar a mobilidade do casco urbano.

Ó mesmo tempo executarase tamén a renovación de beirarrúas e servizos na Avenida de Barraña. As dúas actuación irán con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña por un importe de máis de 132 mil euros.

O Concello está a traballar xa estes días nun estudo de proba sobre a distribución dos carrís de acceso á nova glorieta, onde se vai eliminar tamén un dos carrís para habilitar ó redor dunha vintena de prazas de aparcamento e mellorar a fluidez do tráfico na intersección.

O proxecto da actuación, xa en licitación, será adxudicado nas vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí