O BNG de Noia reclama a colocación de paneis informativos nas obras do casco histórico

    NOIA> O BNG de Noia denuncia o incumprimento da normativa urbanística nas obras que se están a acometer no casco histórico. Botan en falta os paneis informativos co número de licenza e os detalles da actuación. Non é a primeira vez que o BNG de Noia advirte sobre o incumprimento da normativa nas obras de rehabilitación que se están a acometer nas rúas Galicia, Rodríguez Cadarso e Carreiriña. XA en marzo levaran a pleno unha pregunta sobre os indicadores que deben instalarse nas obras, tal e como obriga a normativa urbanística, co número de licenza, o nome do promotor e a empresa construtora e os detalles técnicos do proxecto. Pola súa banda, dende o concello desmentiron estas acusacións indicando que velan polo cumprimento da lei. Cando se detecta a falla de información nalgunha das obras, a policía fai o preceptivo requirimento para que a empresa promotora acometa a instalación dos paneis.