A POBRA> 750 persoas participarán no Xantar de Confraternidade da Pobra que se celebrará o 30 de outubro no pavillón de Venecia. As entradas, a un prezo de 18 euros, poderán adquirirse dende o próximo luns na casa do concello. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello.
O 30 de outubro terá lugar unha das citas máis agardadas polos maiores pobrenses. O xantar de confraternidade reunirá no pavillón de Venecia a unhas 750 persoas que poderán gozar dunha xornada de lecer e reencontro.
O servizo de cátering está actualmente en proceso de licitación, por valor de 38 mil euros. O menú comporase, como é habitual, de dous mariscos, peixe e carne e a xornada estará amenizada polo grupo de gaitas Trécola e Mar Davila.
Abrirase un primeiro prazo, ata o día 15 para empadroados na Pobra. A partir do 16, as persoas non residentes poderán reservar a súa praza sempre que non quedaran esgotadas. O pago realizarase preferentemente con tarxeta bancaria para facilitar o proceso.











