Tensa calma tralo suceso en Escarabote

    BOIRO> O suceso non deixou indiferente a ningúen en Escarabote posto que as familias dos menores implicados na pelexa son moi coñecidas na localidade.

    A primeira vista, na pequena localidade de Escarabote respirábase esta mañá un clima de total normalidade. Nenos xogando na praza, veciños paseando polo porto e desfrutando do bo tempo nas terrazas. Sen embargo, tódalas conversacións xiraban en torno á pelexa entre os dous menores da localidade que estes días ocupa a primeira plana de moitos medios de comunicación. E é precisamente a presenza de numerosos medios a que rompe a aparente normalidade cotiá en Escarabote.

    Eran moitos os veciños que esta mañá comentaban as posibles causas da liorta entre os rapaces aínda que ninguén quixo facer declaracións ante as cámaras, posto que se trata dun pobo pequeno no que todos se coñecen e ninguén quere ter problemas. Só algún turista se atrevía a dar a súa opinión aínda que recoñecía non estar moi ó tanto do tema.

    Entre os veciños diversidade de opinións. Mentres uns atribúen os feitos a unha simple desputa entre rapaces outros temen que o conflito vaia a máis e incluso falan de posibles represalias. Algunha veciña mesmo apuntaba a que non é a primeira vez que acontece un suceso deste tipo posto que é frecuente que os rapaces se graven en video mentres xogan ás pelexas.

    Aínda que esta vez semella que o xogo tornouse nalgo moito máis serio que está a afectar seriamente ós menores implicados. De feito, a casa do neno agredido permanecía esta mañá pechada a cal e canto e, segundo apuntaron os veciños, os familiares trasladáronse a outra vivenda para evita-lo acoso mediático.

    {flowplayer}palizaneno.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza