RIBEIRA> O incremento dos contaxios de coronavirus en Ribeira con máis de 80 casos activos levou á Consellería de Sanidade a decretar o máximo nivel de restricións. Ademais do peche perimetral do concello, limítanse as reunións a un máximo de catro persoas e a hostalería funcionará unicamente en terraza ó 50 por cento, debendo pechar ás cinco da tarde.
Tralo peche de Boiro, a semana pasada, o ritmo de contaxios en Ribeira facía presaxiar que a capital barbanzá correría a mesma sorte. dende esta medianoite entra en vigor o peche permitral do concello ó que se lle aplica o nivel máximo de restricións.
Xa esta mañá e á espera da entrada en vigor das novas medidas as rúas do municipio rexistraban menos afluencia da habitual. Ata a casa do concello permanece pechada, alomenos ata o venres, tralo positivo dun traballador. Nestes días realizaranse as probas ó persoal que mantivo contacto estreito co afectado e mentres tanto, as consultas serán atendidas vía telemática ou telefónica.
No que respecta a Boiro, mantéñense tamén as máximas restricións aínda que os datos traslados esta mañá por Sanidade apuntan ó optimismo ó detectarse un leve descenso. Aínda así, dende o concello seguen a reforzar os controis do cumprimento do peche perimetral e das medidas de distanciamento social e uso da máscara.