O IES de Valga ofertará para o curso que ven un novo FP Dual

    VALGA> O IES de Valga ofertará para o curso que ven un novo FP Dual de grao medio de soldadura e caldeirería. Os alumnos poderán cursar a metade da súa formación en 10 empresas que esta mañá asinaron un convenio co conselleiro de Educación e o alcalde da localidade. Uns 18 alumnos poderán formarse en soldadura e caldeirería a partir do curso que ven no IES de Valga. Isto é así despois de que este luns se asinara no concello da localidade a firma dun convenio entre a Consellería de Educación e unhas dez empresas que se comprometen a dotar a estes alumnos da formación práctica necesaria para adquirir todas as destrezas necesarias de cara a conseguir un emprego. Esta formación contará cun título de FP Dual de grao medio. Este é o segundo proxecto de modalidade dual que se pon en marcha neste centro. Os alumnos recibirán case un 60% da formación teórica no centro educativo e o 40 restante nas empresas, que este luns, tamén asinaron o convenio de colaboración coa administración autonómica. Un novo proxecto que a bo seguro axudará aos futuros traballadores a familiarizarse co entorno laboral.