O Acuario do Grove abre as súas portas sen apoio institucional

     O GROVE> O Acuario do Grove volve a abrir as súas portas ó público baixo unha nova xerencia. Ás presas co fin de aproveitar o tirón de público…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_acuario_grove.flv{/flowplayer}

    … que trae consigo a Semana Santa a empresa Aquagestión acometeu unhas primeiras obras en case tódolos tanques para poder ofrecer ata mil especies de animais acuáticos autóctonos. Deste xeito, as especies das Rías Galega suplantaron ás máis exóticas para dar conta da realidade de marítima de aquí, salvando o caso da quenlla toro, que aínda non puido ser reemprazada. Tras estas actuacións primarias a nova dirección ten previsto unha fonda reorganización deste acuario que fagan del un espazo de referencia en toda España.

    Entre as actuacións previstas chama poderosamente a atención a proposta dun tanque cun túnel interno no que as persoas poderán integrarse na vida submarina sen mollarse. As portas do acuario están abertas desde hoxe aínda que o acto formal de apertura tivo lugar onte a tarde; un evento que non contou con presencia institucional algunha.

    Aquagestión é unha empresa especializada en acuarios que conta con outros catro centros deste tipo no resto do Estado; o de Getxo en Biscaia, o acuario de Gijón, o de Lanzarote e outro meirande en Sevilla; onde empregan a unhas sesenta persoas. Esta dimensión empresaria parece garantir maior estabilidade ó proxecto fronte as vicisitudes da etapa anterior.

    Polo de pronto xa anunciaron un ambicioso proxecto de programas educativos para escolares e para tódolos públicos, así como outros de colaboración permanente cos centro de estudio galegos de estudio da diversidade mariña.

    Redacción Salnés