Os usuarios do parque do Castriño denuncian o seu estado de abandono

    dv_701_-_castrio_100.jpgVILAGARCÍA > Varios veciños de Vilagarcía denuncian o estado de abandono que sufre o parque do Castriño, nestas tempadas non turísticas.

    Cada día ducias de vilagarciáns de todas as idades acoden a este parque a pasear o can, a respirar aire puro ou simplemente a pasalo tempo; pero ultimamente estanse encontrando un espazo cada día máis sucio. Tal e como aseguran, é frecuente ver as papeleiras repletas de lixo, pólas de grandes dimensións desprendidas ou árbores centenarias que non son coidadas como merecen.

    O regato que atravesa esta parque e o entorno da fonte tamén se atopa na mesma situación de abandono, cunha gran cantidade de malas herbas e lixo que se fan donos do entorno. A maiores, moitas dos farois atópanse estragados e xa non alumean. Os usuarios definen como de desidia esta situación e alertan a que poden supoñer un risco para os viandantes; feito polo cal moitos xa deixaron de acudir a relaxarse a este punto.

    É por esto polo que piden ó Concello que realice unha actuación máis completa que a de cortar o céspede de vez en cando, e que teñan o mesmo coidado deste parque durante todo o ano, e non só na tempada estival na que chegan aquí os turistas. Estes mesmos veciños apuntan tamén que sería convinte adoptar outras medidas, como que o parque dispuxese de vixilancia ou que se pechase ó público polas noites.

    Redacción Salnés