Continúa a loita dos maiores de Rianxo polo centro de día

    RIANXO> O colectivo da terceira idade de Rianxo segue en pé de guerra. Continuarán co encerro no concello ata que a Consellería de Política Sociail dote dun centro de día á localidade. Nesta loita, xa ganaron unha pequena batalla xa que a Defensora do Pobo admitiu a trámite a súa queixa. Lonxe de decaer tras dez días de encerro, os ánimos están cada vez máis altos entre os membros da plataforma en favor do centro de día de Rianxo. A pesar da retirada negativa da Xunta a acceder as súas peticións, acaban de recibir unha boa nova: a admisión a trámite da queixa presentada ante a Defensora do Pobo. O apoio desta institución contrasta din, coa discriminación á que se ven sometidos pola Xunta de Galicia, e a inacción da que acusan ó goberno local. Ata que os folgos o permitan pensan continuar co encerro e, paralelamente, xa están a preparar outras medidas de presión das que darán conta cando teñan as autorizacións pertinentes para levalas a cabo.