O presidente da Deputación destaca o incremento orzamentario do plan DTC en Outes

    OUTES> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Outes para coñecer as necesidades da zona e dar conta das últimas inversións da xunta no concello. As melloras no plan DTC, de 160.000 a 350.000 euros, son as novidades máis relevantes. É a primeira visita de Valentín González Formoso tralo flamante nomeamento de Beatriz Molinos como nova alcaldesa, despois de que López Crespo deixara a alcaldía tras 21 anos co bastón de mando outense. O presidente da deputación coruñesa destacou tanto os plans que van continuar en funcionamento, como as melloras que farán nos plans xa existentes. O presidente suliñou que é labor das deputacións dar a coñecer a labor que fai esta institución, no que se refire ao investimento nos concellos, para que a cidadanía entenda a relevancia que hoxe en día continúa tendo estes organizamos.