Unha rotonda e un semáforo mellorarán a seguridade viariana travesía da igrexa de Portosín

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son acometerá una importante mellora da seguridade viaria no acceso a Portosín. Ademais da construción dunha rotonda na travesía da igrexa que dá acceso ó núcleo urbano procederase á instalación dun paso de peóns e un semáforo. A travesía da igrexa de Portosín é unha das vías máis transitadas do termo sonense. Ademais de dar acceso ó porto da localidade, soportando moito tráfico pesado, é a estrada principal de camiño ás praias polo que durante o verán multiplícase o tránsito de vehículos provocando importantes atascos. Isto supón un risco para os peóns que non dispoñen da zona nun paso seguro. Aproveitando a actuación na estrada, o concello acometerá a mellora na contorna da igrexa con beirarrúas, unha zona de estacionamento e un espazo de lecer para os veciños. A actuación complementarase coa instalación dun semáforo á altura do hotel o Noso Bar así como varios elementos de seguridade viaria na estrada de Xuño. O importe das obras ascende ós catrocentos cincuenta mil euros financiados pola Consellería de Infraestruturas. Para dar continuidade á estas melloras, o concello ten previsto acometer o acondicionamento de toda a travesía con cargo ó POS da Deputación.