O BNG de Ribeira achega 15 propostas a executar con cargo ó POS provincial

RIBEIRA> O BNG de Ribeira propón investir o POS da Deputación no aumento das zonas verdes, a mellora das instalacións deportivas e o reforzo da seguridade viaria. Presentaron no rexistro do concello un escrito con 15 propostas de actuación.

As propostas do BNG para o POS da Deputación que destina a Ribeira máis dun millón de euros inciden en tres grandes áreas. á cabeza figura a creación de máis zonas verdes no municipio coa recuperación de espazos de lecer actualmente degradados, a construción de aseos públicos ou a cuberta de parques infantís.

Outro dos eixos da proposta nacionalista xira en torno ó reforzo da seguridade viairia nas parroquias recollendo as demandas transmitidos polos veciños.

Demandan ademais a mellora de instalacións deportivas como a dotación de alumeado no campo de fútbol de Carreira, a construción de vestiarios no campo de Oleiros, a renovación de mobiliario na Tasca en Aguiño ou a adecuanción dos cmapos de Samil en Corrubedo como espazo recreativo.