Muros mergúllase no seu pasado mariñeiro

MUROS> Dende hoxe ata o domingo as rúas do casco histórico da vila engalánanse para acoller as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’, que este ano chegan á súa décimo terceira edición. Artesanía, música, exposicións, obradoiros, gastronomía e sobre todo moito mar. Muros inicia hoxe e ata o próximo domingo as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’. A deste ano é a súa décimo terceira edición e o programa é do máis completo. Sen dúbida un dos aspectos máis relevantes desta celebración radica na implicación de tódolos muradáns. Un feito que destacan dende o propio Concello e que fai que a festa teña un maior protagonismo.