BOIRO> A Conselleira de Traballo e Benestar visitou a nova gardería de Boiro que entrará en servizo no mes de setembro. Con esta segunda escola infantil, o concello barbanzán contará cun total de cento corenta e tres novas prazas para facilitar a conciliación das familias. A Conselleira de Traballo e Benestar desprazouse ata Boiro para comprobar o resultado das obras de construción da nova escola infantil do Saltiño, cofinanciadas pola Xunta e o concello. A gardería que comezará a funcionar en setembro contará con corenta e unha prazas para o cursos 2015 – 2016 con posibilidade de ampliación nun futuro. A construción desta escola infantil é unha mostra máis do compromiso adquirido pola Xunta coa conciliación familiar e laboral. Xunto coa de Boiro, outras nove garderías da rede Galiña Azul, entres as que figuran Muros e Porto do Son, comezarán a funcionar este curso. A titular do departamento autonómico destacou ademais a calidade no deseño da futura escola perfectamente integrada no entorno e con espazo suficiente para futuras ampliacións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/visitaconselleiragarderiaboiro2703151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/visitaconselleiragarderiaboiro270315.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia