A consolidación do Castelo da Lúa executarase con pezas orixinais

    RIANXO> Unha década despois da última actuación desenvolvida no Castelo da Lúa, os restos serán obxecto dunha nova posta en valor. Consolidaranse os elementos máis afectados reutilizando as pezas orixinais do castelo. O proxecto de consolidación que se iniciará neste mesmo ano contempla a reutilización das pezas de cantería almacenadas na parcela anexa ó Castelo. O feito de non utilizar ningún material alleo para a consolidación dos elementos máis afectados fará que os traballos sexan moi laboriosos polo que se acometerán en dúas fases. Esta intervención permitirá que nun futuro se poidan realizar visitas tanto dende a pasarela como dende o propio Castelo para apreciar os elementos que compoñen a fortaleza.