Un conflito veciñal en Bealo deixa sen subministro de auga a dúas vivendas

    arqueta_100_120706.jpgBOIRO > Un veciño do lugar de Bealo no concello de Boiro leva varios días sen auga na súa casa e na do seu fillo. Culpa desta situación a un grupo de veciños cos que comparte unha arqueta e cos que mantén dende hai anos un conflito.

    Segundo confirmou Agustín Oubiña o problema non é novo, sendo habituais estes cortes no subministro de auga á súa vivenda e á do seu fillo. A situación remóntase a hai máis de 20 anos cando se decidiu contruír uns novos depósitos. A súa negativa ó cambio provocou enemistades co resto dos veciños cos que compartía a arqueta e o inicio dun proceso xudicial do que saiu airoso en máis dunha ocasión.

    Por esta situación Agustín enfróntase cada día a un grave problema na súa vivenda como é a falla de auga, polo que varias veces ó día debe encher varios recipientes para afronta-las tarefas diarias na casa e o consumo propio, a pesar de que a arqueta dispón de auga sobrante.veciobealo_200_120706.jpg

    Agustín Oubiña pregúntase tamén como a Administración Autonómica permite o uso duns depósitos sen legalizar.

    A pesar de ter denunciado os feitos unha vez máis ante a Garda Civil, a situación non parece ser sinxela, polo que o conflito podería acabar de novo nos tribunais.

    Redacción Barbanza