Carlos R. Muñíz: ‘Voume, pero non descarto volver nun futuro’

BOIRO> Logo de madurar durante tempo a súa decisión…algo que lle custou e que non lle foi sinxelo, Carlos Rodríguez Muñiz anunciaba esta mañá a súa marcha da política municipal, polo de agora de xeito temporal. Non concorrerá ás vindeiras eleccións baixo sigla algunha, xustificando a súa decisión a razóns meramente profesionais…aínda así non o descarta para un futuro…

Rodríguez Muñíz fixo repaso tamén destes catro anos na corporación municipal, nun primeiro momento como membro da oposición e neste último ano e medio formando parte do goberno municipal, levando as competencias de Promoción Económica, Emprego, Formación e Turismo.

Segundo el o máis gratificante neste tempo foi poder axudar a moitos veciños que se achegaron ó Concello na busca e axuda.

Aproveitou a comparecencia ante os medios para mostrar a súa gratitude ó cadro de persoal do Concello, cuxo nivel de compromiso e profesionalidade, na súa ampla maioría, é moi elevado.

Vaise tamén agradecendo ós compañeiros e amigos que formaron parte da súa candidatura durante estes catro anos o arroupo amosado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí