RIBEIRA> A visión dos rapaces sobre a súa cidade contribuirá a deseñar a Ribeira do futuro. Este é o obxectivo do obradoiro de urbanismo ‘A cidade do mañá’ no que participan un cento de nenos de entre tres e doce anos. Un cento de rapaces dos campamentos e conciliación Verán Cultural de Ribeira participarán ó longo desta semana no proxecto ‘A Cidade de Mañá’. Trátase dunha novidosa iniciativa, xurdida a proposta de Post arquitectos, que busca implicar ós rapaces no deseño dunha cidade adaptada ás necesidades dos seus habitantes. Tras unha primeira toma de contacto na que os rapaces expuxeron a súa visión da cidade, a partir de mañá invadirán varios espazos urbanos. As conclusións dos participantes servirán para ver Ribeira dende unha nova óptica plantexando un desenvolvemento futuro que non repita os erros do pasado e se enfoque cara un maior protagonismo dos espazos peonís. Concluído o obradoiro editarase un libro cunha tirada de mil exemplares que serán empregados como unidade didáctica nos centros educativos. Este obradoiro xa se levou a cabo noutros concellos galegos como Rianxo ou Verín con moi bos resultados.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








