RIBEIRA> O colectivo de emigrantes retornados volveu tomar as rúas de Ribeira. Nesta nova concentración reclaman a equiparación do réxime tributario co resto de traballadores ante o que consideran unha clara discriminación fiscal. Unha nova marcha percorreu as rúas de Ribeira co obxectivo de que non se esqueza a situación que está vivindo este colectivo. A obriga de presentar a declaración do IRPF dos últimos anos con carácter retroactivo, o pago dos intereses de demora e as diferenzas fiscais cos traballadores que tributaron en España son, segundo denuncia a plataforma de afectados, un abuso contra os máis débiles. Cos ánimos moi caldeados posto que a pesar do paso do tempo o conflito segue moi vivo os pensionistas acusan ó goberno central de roubarlles o gañado durante moitos anos de esforzo. A pesar de que o tempo pasa e os anos pensan, a intención da plataforma é seguir manifestándose tódolos últimos mércores de cada mes ata conseguir un trato fiscal xusto e non discriminatorio.
Inicio Barbanza - Muros - Noia