Pontevedra contará cunha circunvalación leste no 2016

     PONTEVEDRA> A Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra veñen de poñerse de novo de acordo para dotar á Cidade do Lérez…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_ronda_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … dunha nova infraestructura viaria que beneficiará, non só ós veciños deste Concello, senón tamén ós do resto da Provincial que se ven obrigados ó seu paso polo mesmo. A nova actuación será coñecida como a ronda leste de Pontevedra, ou Acceso a Montecelo e a Cidade Príncipe Felipe; unirá a estrada po 542 desde o nó do Pino en Marcón ata Borá e conectará ca PO 532 con Pontevedra e Pontecaldelas.

    O seu orzamento ascende a 2.400.000 euros, dos que a Deputación e Concello achegan de xeito directo cadanseus 900.000 euros; debendo despois a o Concello asumir o custe das expropiacións que realizará unha consultoría. A previsión é que a obras estean listas no ano 2016, posto que a licitación das obras será urxente.

    Esta colaboración entre estas dúas administracións non é nova senón que xa leva dando bos froitos en Pontevedra nos últimos anos: tales como a remodelación do Campo de Fútbol de Pasarón, do Museo de Pontevedra ou o outro novo acceso a Monteporreiro. Segundo Louzán, a inversión directa do ente provincial na Cidade do Lérez nos últimos oito anos ascende a sesenta millóns de euros. Unha cuantía que podería medrar se van adiante outras infraestructuras necesarias que tamén se apuntaron hoxe coo a da creación dunha senda peonil que une a sede do bombeiros ca nova Ponte das Correntes.

    Ou tamén a outra conexión que apuntaba o Alcalde Pontevedrés quen sinalaba a necesidade de unir a zona de Poio e a Caeira; ou a de conectar a zona da UNED en Monteporreiro co final da zona de TAFISA, onde están as liñas do AVE, a penas un quilómetro e medio de vial que poderían axudar a desconxestionar tamén o tráfico neste punto. Deputación e Concello están en conversas tamén sobre a posibilidade de aproveitar sinerxias na promoción do turismo e do eido máis cultural da cidade.

    Redacción Salnés